Decreto 10/2019, do 17 de xaneiro, polo que se crea e se regula o Comité de Coordinación da Rede de Reservas da Biosfera de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Departamento: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Inicio da tramitación: 29/06/2018

Data da publicación no DOG: 19/02/2019

Obxecto:

o decreto ten por obxecto a creación do Comité de coordinación da Rede de Reservas da Biosfera de Galicia como órgano colexiado de asesoramento e coordinación adscrito á consellería competente en materia de medio ambiente, para a xestión da Rede de Reservas da Biosfera de Galicia.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 2