Órgano ou entidade tramitadora:
Dirección Xeral de Emerxencias e Interior
Departamento:
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza - Dirección Xeral de Emerxencias e Interior
Inicio da tramitación: 25/06/2018
Data da publicación no DOG: 10/04/2019
Obxecto:
o Real Decreto 840/2015 do 21 de setembro, polo que se aproban as medidas de control dos riscos inherentes ós accidentes graves nos que interveñan substancias perigosas vén a substituír e derroga ao Real decreto 1254/1999 do 16 de xullo.
O Decreto 277/2000, do 9 de novembro, polo que se designan os órganos autonómicos competentes en materia de control dos riscos inherentes ós accidentes graves nos que interveñan substancias perigosas, reparte as competencias en materia de accidentes graves para a aplicación do RD 1254/1999. Así mesmo, a lei 12/2014, de 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, sinala no artigo 48,ás xefaturas territoriais e a dirección xeral con competencias en materia de industria, á dirección xeral competente en materia de emerxencias e interior e á secretaría xeral con competencias en materia de calidade e avaliación ambiental como órganos autonómicos competentes en materia de control de riscos inherentes dos accidentes graves.
Polo tanto resulta necesario elaborar tamén un novo decreto que substitúa ao Decreto 277/2000, para adaptalo a nova situación legal (Real decreto 840/2015 e a Lei 12/2014).
Estado actual:
Aprobada e publicada no DOG