Orde do 27 de decembro de 2016 pola que se regula o recoñecemento de interese sanitario para actos de carácter científico destinados a promover o estudo, difusión, formación ou especialización das ciencias e técnicas relacionadas coa saúde

Departamento: Consellería de Sanidade - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 16/06/2016

Data da publicación no DOG: 10/01/2017

Obxecto: este proxecto normativo regula o procedemento e as condicións para proceder ao recoñecemento do interese sanitario das reunións, cursos, congresos, xornadas e demais actos de carácter científico que pretendan promover o estudo, difusión, formación ou especialización das ciencias e técnicas relacionadas coa saúde celebrados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

A experiencia dos últimos anos en relación coa xestión do recoñecemento de interese sanitario para actos de carácter científico e as modificacións normativas fan  preciso adecuar o procedemento de tramitación das solicitudes nesta materia, obrigando a derrogar a Orde do 7 de maio de 1992 e publicar unha nova Orde co fin de modificar e adaptar o procedemento para o recoñecemento de interese sanitario para actos de carácter científico á nova estrutura organizativa da Consellería de Sanidade e habilitar a xestión electrónica do procedemento administrativo.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG