OCUPACIÓNS OU USOS NO LITORAL DA CORUÑA

Muro de contención asociado a vivenda sita en rúa Torreiro 3, Corrubedo, no termo municipal de Ribeira (A Coruña)

Solicitude de outorgamento de concesión de ocupación de dominio público marítimo-terrestre para muro de contención asociado a vivenda sita en rúa Torreiro 3, Corrubedo, parcela con referencia catastral 4135401MH9143N0001HZ, no termo municipal de Ribeira (A Coruña). (Número de expediente: A-2025-580-C)

De conformidade co disposto no artigo 152.8 do Real Decreto 876/2014, do 10 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Costas, sométese a información pública, durante o prazo de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, os documentos integrantes no expediente do asunto.

Dentro do dito prazo, as persoas interesadas poderán consultar a proposta que serve de base á solicitude e a documentación que a acompaña e, no seu caso, presentar as alegacións e observacións que estimen oportunas, que deberán dirixirse ao Servizo do Litoral do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Período de información pública: do 16/11/2026 ao 14/12/2026