OCUPACIÓNS OU USOS NO LITORAL DE PONTEVEDRA

Central hidroeléctrica reversible de auga mariña en Portocelo, no concello do Rosal

Solicitude de concesión de ocupación de dominio público marítimo-terrestre para a execución do proxecto de construción de “central reversible de auga mariña”, en Portocelo, no concello de O Rosal (Pontevedra) - (número de expediente: CONC-PO-2026-011).

De conformidade co disposto no artigo 152.8 do Real Decreto 876/2014, do 10 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Costas, sométese a información pública, durante o prazo de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, os documentos integrantes no expediente do asunto.

Dentro do dito prazo, as persoas interesadas poderán consultar a proposta que serve de base á solicitude e a documentación que a acompaña e, no seu caso, presentar as alegacións e observacións que estimen oportunas, que
deberán dirixirse ao Servizo do Litoral do Departamento Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Período de información pública: do 21/07/2026 ao 17/08/2026