OCUPACIÓNS OU USOS NO LITORAL DA CORUÑA

Senda peonil e acondicionamento ambiental do estuario do Anllóns e enseada da Ínsua en Ponteceso

Solicitude de outorgamento de concesión de ocupación de dominio público marítimo-terrestre para senda peonil e acondicionamento ambiental do Estuario do Anllóns e Enseada da Ínsua, no termo municipal de Ponteceso (A Coruña). (Número de expediente: A-2025-125-C).

De conformidade co disposto no artigo 152.8 do Real Decreto 876/2014, do 10 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Costas, sométese a información pública, durante o prazo de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, os documentos integrantes no expediente do asunto.

Dentro do dito prazo, as persoas interesadas poderán consultar a proposta que serve de base á solicitude e a documentación que a acompaña e, no seu caso, presentar as alegacións e observacións que estimen oportunas, que deberán dirixirse ao Servizo do Litoral do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

Período de información pública: do 21/10/2026 ao 17/11/2026