OCUPACIÓNS OU USOS NO LITORAL DE PONTEVEDRA

Central hidroeléctrica reversible de auga mariña en Fonte das Mañas, no concello de Oia

Solicitude de concesión de ocupación de dominio público marítimoterrestre para a execución do proxecto de “central hidroeléctrica reversible de auga mariña”, en Fonte das Mañas, no concello de Oia (Pontevedra) (Número de expediente: CONC-PO-2026-010)

De conformidade co disposto no artigo 152.8 do Real Decreto 876/2014, do 10 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Costas, sométese a información pública, durante o prazo de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, os documentos integrantes no expediente do asunto.

Dentro do dito prazo, as persoas interesadas poderán consultar a proposta que serve de base á solicitude e a documentación que a acompaña e, no seu caso, presentar as alegacións e observacións que estimen oportunas, que
deberán dirixirse ao Servizo do Litoral do Departamento Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Período de información pública: del 16/07/2026 al 12/08/2026