OCUPACIÓNS OU USOS NO LITORAL DA CORUÑA

Legalización da rede de saneamento da rúa Extremeiro no concello de Miño

Solicitude de concesión de ocupación de dominio público marítimo-terrestre para a execución do “Proxecto básico: legalización da rede de saneamento existente en rúa Extremeiro. Concello de Miño (A Coruña)”, con destino á legalización da canalización de rede separativa de saneamento (pluviais e fecais) na rúa Extremeiro, no concello de Miño (A Coruña). Número de expediente: A-2025-520.

De conformidade co disposto no artigo 152.8 do Real Decreto 876/2014, do 10 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Costas, sométense a información pública, durante o prazo de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, os documentos integrantes no expediente do asunto.

Dentro do devandito prazo, as persoas interesadas poderán consultar a proposta que serve de base á solicitude e a documentación que a acompaña e, no seu caso, presentar as alegacións e observacións que estimen oportunas, que deberán dirixirse ao Servizo do Litoral do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

Período de información pública: do 06/05/2026 ao 02/06/2026