Proxecto de orde pola que se regula a tarifa específica +65 nos servizos públicos de transporte interurbano de uso xeral da competencia da Xunta de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Mobilidade

Departamento: Consellería de Infraestruturas e Mobilidade - Dirección Xeral de Mobilidade

Inicio da tramitación: 24/10/2023

Obxecto:

esta orde ten por obxecto desenvolver a regulación dunha tarifa específica aplicable ao colectivo de persoas usuarias dos servizos públicos de transporte regular interurbano de uso xeral incluídas na categoría de +65.

Para os efectos desta orde, terán a consideración de +65 as persoas usuarias dos servizos públicos de transporte regular interurbano de uso xeral por estrada con idade superior a 65 anos. 

Para as persoas que cumpran os requisitos da orde a tarifa será de cero euros (0,00 €) nas viaxes interurbanas realizadas en servizos de transporte público regular de viaxeiros/as por estrada de uso xeral da competencia da Xunta de Galicia, cun número máximo de sesenta (60) viaxes mensuais por persoa usuaria. 

Estado actual: Pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 13/11/2023

Suxestións recibidas: 1