Anteproxecto de lei de ordenación do litoral de Galicia
Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica
Departamento: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda - Secretaría Xeral Técnica
Inicio da tramitación: 08/09/2022
Obxecto: a ordenación do litoral de Galicia, no marco das competencias atribuídas a Galicia na Constitución española e o Estatuto de Autonomía.
Con respecto do réxime xeral do dominio público marítimo-terrestre, é obxecto desta lei:
- o establecemento dunha organización administrativa do litoral que garanta a xestión integrada, a través de técnicas adecuadas e efectivas de coordinación, colaboración, cooperación e participación;
- a regulación dos instrumentos de plan do litoral, no marco dos principios, criterios básicos e instrumentos establecidos na lexislación de ordenación do territorio de Galicia;
- a determinación do réxime xurídico dos usos e as actividades socioeconómicas que se desenvolven sobre o litoral, sen prexuízo da normativa ditada ao amparo de títulos competenciais específicos e con respecto das facultades que lle correspondan ao Estado en canto titular do dominio público marítimo-terrestre;
- o outorgamento e a xestión, cando proceda, dos títulos de ocupación e utilización do dominio público marítimo-terrestre;
- a identificación das actuacións estratéxicas para o desenvolvemento sostible do litoral e a previsión de instrumentos para a súa realización;
- a adopción de medidas adicionais de protección e sostibilidade do litoral que tomen en consideración o mantemento dos obxectivos de calidade e ambientais das augas do litoral de Galicia, o grao de resiliencia costeira ante o cambio climático e o impacto económico e social ante as actuacións que se proxecten sobre o litoral;
- a regulación do patrimonio público litoral e as accións a emprender para a súa conservación, ampliación e renovación;
- a promoción da cultura litoral, a través de medidas de concienciación, divulgación e educación ambiental;
- a regulación das facultades de vixilancia e control, así como a determinación das infraccións e sancións por incumprimento do previsto nesta lei.
NOTA: as suxestións deberán enviarse a partir do día 20 de decembro.
Estado actual: pendente de aprobación
Prazo para remitir suxestións: pechado desde 20/01/2023
Suxestións recibidas: 27