Proxecto de decreto polo que se regulan os procedementos para a autorización das intervencións nos bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral do Patrimonio Cultural

Departamento: Consellería de Cultura, Educación e Universidade - Dirección Xeral do Patrimonio Cultural

Inicio da tramitación: 09/07/2021

Obxecto:

o presente decreto ten por obxecto a regulación dos procedementos para o outorgamento da necesaria autorización pola consellería con competencias en materia de patrimonio cultural, das intervencións ou cambios de uso substanciais que se pretendan realizar en bens de interese cultural ou catalogados, así como, de ser o caso, no seu contorno de protección ou na súa zona de amortecemento, co fin de garantir que sexan compatibles cos valores culturais que aconsellan a súa protección.

Estado actual: Pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 10/08/2021