Proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 16/2018, do 15 de febreiro, polo que se establecen as bases e os criterios para a elaboración dos regulamentos electorais que deben rexer a realización dos procesos electorais nas federacións deportivas galegas
Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral para o Deporte
Departamento: A Presidencia da Xunta - Secretaría Xeral para o Deporte
Inicio da tramitación: 10/05/2021
Obxecto: pretende perfeccionar o réxime xurídico en vigor no ámbito do réxime electoral das federacións deportivas galegas. Presenta distintos aspectos dirixidos ao establecemento nas federacións deportivas de procesos electorais máis libres e transparentes, con igualdade de condicións e coa maior garantía para o exercicio do dereito de sufraxio polos/as electores/as, concretándose en distintas previsións de natureza organizativa e procedimental en sintonía coas pautas legais establecidas polo lexislador, sen alterar os seus aspectos e elementos esenciais, e coa xurisprudencia ditada sobre a materia.
Estado actual: pendente de aprobación
Prazo para remitir suxestións: pechado desde 16/06/2021
Suxestións recibidas: 1