Proxecto do decreto polo que se modifica o Decreto 169/2013, do 14 de novembro, polo que se regulan os complementos das prestacións económicas na situación de incapacidade temporal e noutras situacións protexidas do persoal funcionario dos corpos ao servizo da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Xustiza

Departamento: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza - Dirección Xeral de Xustiza

Inicio da tramitación: 04/07/2018

Obxecto: a modificación ten por obxecto a ampliación dos supostos de incapacidade laboral transitoria previstos no Decreto autonómico 169/2013 en que se percibe o cen por cento das retribucións, incorporando os seguintes:

  • Interrupción voluntaria do embarazo no primeiro trimestre por indución farmacolóxica
  • Incapacidade temporal durante o tratamento de reprodución asistida
  • Enfermidades de declaración obrigatoria do Real decreto 2210/1995
  • Cardiopatías isquémicas

Estado actual: pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 26/07/2018