Órgano ou entidade tramitadora:
Dirección Xeral de Cultura
Departamento:
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude - Dirección Xeral de Cultura
Inicio da tramitación: 09/12/2024
Data da publicación no DOG: 05/02/2026
Obxecto:
este decreto desenvolve a Lei 7/2021, do 17 de febreiro, de museos e outros centros museísticos de Galicia, no que se refire á creación, modificación e disolución de centros museísticos que non sexan de titularidade pública autonómica (os cales teñen un réxime de creación propio que esixe un decreto aprobado polo Consello da Xunta de Galicia).
Por unha banda deséñanse os procedementos e, pola outra, desenvólvense máis polo miúdo os aspectos de carácter substantivo recollidos na lei.
Ao mesmo tempo, regúlanse aspectos derivados do acto de creación, tales como a inscrición no Rexistro Xeral de Centros Museísticos de Galicia, a incorporación ao Sistema galego de centros museísticos ou o elemento de identificación e pertenza ao devandito Sistema.
Finalmente, outro dos aspectos que son obxecto de regulación ten que ver cos contidos mínimos esixibles nos plans museolóxicos.
Estado actual:
Aprobada e publicada no DOG