Decreto 20/2025, do 10 de marzo, polo que se regula a sinalización, a identificación, a información, a publicidade e as actividades de promoción das oficinas de farmacia e boticas anexas de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería de Sanidade - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 22/12/2021

Data de aprobación do proxecto de lei polo Consello da Xunta para a súa remisión e tramitación no Parlamento: 20/03/2025

Data da publicación no DOG: 20/03/2025

Obxecto:

o decreto ten por obxecto regular a sinalización, información, publicidade e as actividades de promoción das oficinas de farmacias e boticas anexas de Galicia  introducindo unha serie de prescricións a fin de que as prácticas que se realicen neste ámbito respondan á condición das mesmas de establecementos sanitarios, contribuíndo a que as persoas as perciban como tal, garantindo a súa liberdade de elección.

Asemade, co obxecto de limitar todo aquilo que poida favorecer o consumo de medicamentos ou produtos sanitarios, constituír un prexuízo ou xerar riscos para a saúde ou seguridade das persoas, queda expresamente prohibida a realización de todo tipo de publicidade ou actividade promocional, agás nos casos recollidos no proxecto de decreto.

Este decreto, por un lado, actualiza a anterior regulación da sinalización, información e publicidade das oficinas de farmacia efectuada polo Decreto 107/2008, do 15 de maio, e, por outro, regula de novo as actividades de promoción das farmacias que se realicen a través de Internet, redes sociais e demais ferramentas de software.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 21