Decreto 30/2024, do 15 de febreiro, polo que se establecen os procedementos e os controis para a subministración de medicamentos de uso exclusivamente hospitalario a profesionais da veterinaria

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería de Sanidade - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 04/08/2023

Data da publicación no DOG: 11/03/2024

Obxecto:

este decreto ten por obxecto establecer os procedementos e os controis para a subministración de medicamentos de uso humano de uso exclusivamente hospitalario a profesionais veterinarios nos supostos de prescrición  excepcional dos mesmos por baleiro terapéutico previstos na normativa de aplicación.

Exclúense do ámbito de aplicación deste decreto e, polo tanto, non poderán ser obxecto de  subministro nestes casos, os antimicrobianos ou grupos de antimicrobianos reservados para o tratamento de determinadas infeccións en seres humanos, de conformidade co disposto no Regulamento de execución (UE) 2022/1255, da Comisión, do 19 de xullo de 2022, polo que se designan antimicrobianos ou grupos de antimicrobianos reservados para o tratamento de determinadas infeccións nas persoas, de conformidade co Regulamento (UE) 2019/6 do Parlamento Europeo e do Consello.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 3