Orde do 29 de agosto de 2023 pola que se modifica a Orde do 21 de novembro de 2016 pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Deseño en desenvolvemento do Decreto 172/2015, do 29 de outubro, polo que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia
Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Formación Profesional
Departamento: Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades - Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Inicio da tramitación: 29/05/2023
Data da publicación no DOG: 08/09/2023
Obxecto: modificar os anexos á Orde do 21 de novembro de 2016, regular a incorporación do alumnado procedente de plans de estudos anteriores e/ou diferentes ao novo plan de estudos superiores de Deseño, para a especialidade Produto, desenvolver o correspondente Decreto 41/2023, do 20 de abril, establecer o calendario de aplicación do mesmo e habilitar que os centros educativos que imparten ensinanzas artísticas superiores de deseño poidan impartir con carácter dual disciplinas das distintas especialidades das ensinanzas artísticas superiores de deseño que pola súa especificidade sexan susceptibles de ser impartidas entre os centros educativos e empresas, estudos ou obradoiros dos sectores correspondentes.
Estado actual: aprobada e publicada no DOG