Orde do 13 de febreiro de 2023 pola que se aproba o réxime de organización e funcionamento da Escola Galega de Saúde Pública

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería de Sanidade - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 15/07/2022

Data da publicación no DOG: 24/02/2023

Obxecto: aprobar o réxime de organización e funcionamento da Escola Galega de Saúde Pública, que figura como anexo da orde.

O anexo recolle os seguintes apartados:

  • Primeiro. Organización
  • Segundo. Grupo de traballo permanente
  • Terceiro. Grupos de traballo temporais
  • Cuarto. Principio de presenza equilibrada
  • Quinto. Réxime retributivo

Estado actual: aprobada e publicada no DOG