Orde do 8 de febreiro de 2024 pola que se regula o procedemento de compensación por gastos de desprazamento, aloxamento e manutención no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia (código de procedemento SA462D)

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería de Sanidade - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 06/02/2023

Data da publicación no DOG: 16/02/2024

Obxecto:

regular os requisitos e o procedemento para a compensación dos gastos derivados dos traslados por asistencia definidos no artigo 26.1.a) do Decreto 52/2015, do 5 de marzo, polo que se regula o transporte sanitario.

Terán dereito á compensación destes gastos as persoas usuarias que dispoñan de tarxeta sanitaria en vigor emitida polo Servizo Galego de Saúde, que se despracen con fins asistenciais e non sexan beneficiarias do transporte sanitario.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 10