Órgano ou entidade tramitadora:
Secretaría Xeral Técnica
Departamento:
Consellería de Política Social e Xuventude - Secretaría Xeral Técnica
Inicio da tramitación: 20/01/2023
Data da publicación no DOG: 09/06/2023
Obxecto:
a presente orde ten por obxecto modificar o módulo actual de financiamento do servizo de axuda no fogar a persoas en situación de dependencia, establecido no Anexo III do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, modificado pola Orde de 31 de maio de 2016 e pola Orde do 14 de decembro de 2021. A actual achega da Xunta de Galicia por cada hora efectiva de atención xustificada é dun máximo de 11,00 euros/hora ano 2021 e 2022, 11,50 euros/hora ano 2023 e12,00 euros/hora ano 2024 e seguinte, sendo en todo caso dun máximo de 9,7 €/hora efectiva de atención xustificada.
O aumento dos custos dos servizos e as actuais circunstancias económicas e sociais requiren dunha nova modificación que garanta a estabilidade do financiamento coa revisión e actualización da participación da Xunta. Así, a achega da Xunta será igual á diferenza entre o custo do servizo, declarado pola corporación local na xustificación e avaliación do proxecto anual de servizos sociais máis recente dispoñible, menos o importe da participación da persoa usuaria no custo do servizo, por hora efectiva de atención xustificada a persoas con programa individual de atención de servizo de axuda no fogar. En todo caso, a achega por parte da Xunta de Galicia por cada hora efectiva de atención xustificada a persoas con programa individual de atención de servizo de axuda no fogar será dun máximo de 12 euros/hora durante a anualidade 2023 e seguintes.
Estado actual:
Aprobada e publicada no DOG