Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional

Departamento: Consellería de Cultura, Educación e Universidade - Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional

Inicio da tramitación: 06/04/2022

Data da publicación no DOG: 26/09/2022

Obxecto: esta norma ten por obxecto establecer o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co disposto no artigo 6 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e no artigo 11 do Real decreto 243/2022, do 5 de abril, polo que se establecen a ordenación e as ensinanzas mínimas do bacharelato.

Así mesmo, ten por obxecto regular a ordenación da devandita etapa educativa, de acordo coa disposición final sexta da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Cumprir o calendario de implantación establecido na disposición derradeira terceira do Real decreto 243/2022, do 5 de abril, polo que se establecen a ordenación e as ensinanzas mínimas do bacharelato, que regula que o disposto implantarase para o primeiro curso do bacharelato no ano académico 2022-2023, e para o segundo de bacharelato, no curso 2023-2024.

 

Estado actual: aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 44