Orde do 22 de decembro de 2021 pola que se aproban os plans de xestión para recursos específicos e algas en Galicia para o trienio 2022-2024
Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Departamento: Consellería do Mar - Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Inicio da tramitación: 29/11/2021
Data da publicación no DOG: 31/12/2021
Obxecto: aprobar os plans de xestión para recursos específicos e algas en Galicia para o trienio 2022-2024, elaborados por iniciativa das entidades de interese colectivo no marco establecido polo Decreto 153/2019, do 21 de novembro, polo que se regula o réxime de conservación e explotación dos recursos marisqueiros e das algas.
Estado actual: aprobada e publicada no DOG
Suxestións recibidas: 6