Orde do 18 de xuño de 2021 pola que se habilitan determinados colectivos de persoal empregado público desta consellería para o uso do certificado dixital de pseudónimo na Administración autonómica galega

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica - Consellería de Política Social

Departamento: Consellería de Política Social e Xuventude - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 25/04/2021

Data da publicación no DOG: 05/07/2021

Obxecto: o obxecto da presente orde é habilitar a determinados colectivos de persoas empregadas públicas da Consellería Política Social para o emprego do certificado dixital de pseudónimo na Administración autonómica galega. A devandita habilitación diríxese a determinados postos de traballo que implican a condición de autoridade ou realizan funcións que requiren a devandita protección da identidade por razóns de seguridade e para garantir o seu exercicio con obxectividade e imparcialidade.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG