Orde do 5 de abril de 2021 pola que se regula o procedemento de integración como persoal laboral da Xunta de Galicia do persoal laboral fixo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia procedente do suprimido Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (código de procedemento AP100A)

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral da Función Pública

Departamento: Consellería de Facenda e Administración Pública - Dirección Xeral da Función Pública

Inicio da tramitación: 01/02/2021

Data da publicación no DOG: 12/04/2021

Obxecto: a presente orde ten por obxecto iniciar e regular o procedemento de integración como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia do persoal laboral fixo da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia procedente do suprimido Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG