Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A)
Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Departamento: Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades - Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Inicio da tramitación: 05/03/2021
Data da publicación no DOG: 15/06/2021
Obxecto: regular o contido, uso, acceso e efectos dos datos almacenados de forma electrónica no expediente administrativo do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Estado actual: aprobada e publicada no DOG