Decreto 34/2021, do 11 de febreiro, polo que se crea a categoría estatutaria de persoal médico de hospitalización a domicilio do Servizo Galego de Saúde

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de RR. HH. do Servizo Galego de Saúde

Departamento: Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Inicio da tramitación: 01/06/2020

Data da publicación no DOG: 01/03/2021

Obxecto: o decreto ten por obxecto crear no Servizo Galego de Saúde a categoría estatutaria de persoal médico de hospitalización a domicilio, en base á habilitación contida no artigo 15.1 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde. A necesidade de creación desta categoría parte da crecente demanda social desta modalidade asistencial, considerada como unha alternativa eficaz, eficiente e de calidade á hospitalización tradicional, con importantes vantaxes terapéuticas para a cidadanía.

Este decreto regula tamén aspectos básicos como son o acceso á categoría (requisitos e modalidades), réxime xurídico do persoal, funcións, cadro de persoal (planificación de recursos humanos), retribucións e xornada, ademais de conter previsións de cara a posibilitar a integración na categoría do persoal que, cumprindo determinados requisitos, viñera prestando servizos nas unidades de hospitalización a domicilio.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG