Decreto 16/2024, do 18 de xaneiro, polo que se regula o réxime xurídico e o rexistro de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal

Departamento: Consellería do Medio Rural - Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal

Inicio da tramitación: 23/03/2020

Data da publicación no DOG: 07/02/2024

Obxecto:

o obxecto do proxecto de decreto é regular e desenvolver o réxime xurídico dos montes denominados de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo en Galicia, así como regular o funcionamento do Rexistro de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo como sección diferenciada dentro do Sistema Rexistral Forestal de Galicia e as condicións e efectos da integridade, división e extinción da copropiedade titular destes montes.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG