Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre sucesións e doazóns na Comunidade Autónoma de Galicia e se regulan o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio

Departamento: Consellería de Facenda e Administración Pública - Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio

Inicio da tramitación: 13/07/2020

Data da publicación no DOG: 22/01/2021

Obxecto:

esta orde ten por obxecto a aprobación dos modelos de autoliquidación do imposto sobre sucesións e doazóns cuxo rendemento corresponda á Comunidade Autónoma de Galicia, a regulación dos procedementos e condicións xerais para o seu pago e presentación e a regulación de determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria que se aplicará a todos os usuarios, tanto se a mesma se realiza directamente polos obrigados tributarios coma se se realiza a través dos seus representantes ou por determinados profesionais.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG