Decreto 175/2022, do 13 de outubro, sobre vixilancia sanitaria das augas de baño de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Saúde Pública

Departamento: Consellería de Sanidade - Dirección Xeral de Saúde Pública

Inicio da tramitación: 17/10/2019

Data da publicación no DOG: 27/10/2022

Obxecto:

  • A creación e regulación do Rexistro de augas de baño de Galicia, a través da inscrición dos puntos de mostraxe das mesmas.
  • O establecemento do procedemento para altas e baixas do citado rexistro.
  • O desenvolvemento e a adaptación dos criterios sanitarios que deben cumprir as augas de baño que teñan a súa localización na Comunidade Autónoma de Galicia, co fin de protexer a saúde humana dos efectos adversos derivados de calquera tipo de contaminación.
  • O establecemento das medidas de vixilancia da calidade sanitaria das augas de baño.
  • O establecemento das competencias e responsabilidades das autoridades sanitarias autonómicas e locais.

Ámbito de aplicación: as augas de baño e as súas praias que estean localizadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG