Decreto 97/2020, do 25 de xuño, polo que se regulan determinados instrumentos para a xestión, a avaliación, a supervisión e a mellora da calidade no sector público autonómico de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa

Departamento: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza - Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa

Inicio da tramitación: 22/07/2019

Data da publicación no DOG: 10/07/2020

Obxecto: A norma ten por obxecto regular os instrumentos para a avaliación e a mellora da calidade no sector publico autonómico de Galicia. En concreto:

  • Establecer as directrices para a avaliación da calidade das políticas públicas e dos servizos públicos.
  • Adaptar a actual regulación das cartas de servizos ao novo marco establecido pola Lei 1/2015, do 1 de abril,  de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración.
  • Aprobar, por primeira vez, as bases para a realización de estudos de análise da demanda e do grao de satisfacción das persoas usuarias dos servizos públicos como instrumentos para coñecer e analizar a opinión, a calidade percibida e o grao de satisfacción da cidadanía sobre os servizos públicos prestados.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG