Orde do 3 de outubro de 2019 pola que se modifica a Orde do 4 de xullo de 2014 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos polo Centro Superior de Hostalaría de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Axencia de Turismo de Galicia

Departamento: Consellería de Cultura e Turismo - Axencia de Turismo de Galicia

Inicio da tramitación: 21/06/2019

Data da publicación no DOG: 18/10/2019

Obxecto: esta orde ten por obxecto  a modificación da Orde o 4 de xullo de 2014, pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos polo Centro Superior de Hostelería de Galicia, no que respecta ao réxime de actualización dos mesmos previsto na citada orde, de xeito que se adecúen á Lei 2/2015, do 30 de marzo, de desindexación da economía española.

Así mesmo, procédese a facer unha actualización do listado de servizos incluídos no Anexo, eliminando aqueles que xa non se prestan no Centro Superior de Hostelería de Galicia, como son os de fianza armario, fotocopias e carné de manipulador alimentos, para os/as alumnos/as propios; elimínase o apartado de alumnos outros centros, e con respecto aos prezos por uso de instalacións elimínase o servizo de pista de tenis.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG