Orde do 3 de outubro de 2019 pola que se modifica a Orde do 4 de xullo de 2014 pola que se fixan os prezos privados correspondentes aos estudos conducentes á obtención das titulacións do Centro Superior de Hostalaría de Galicia
Órgano ou entidade tramitadora: Axencia de Turismo de Galicia
Departamento: Consellería de Cultura e Turismo - Axencia de Turismo de Galicia
Inicio da tramitación: 21/06/2019
Data da publicación no DOG: 18/10/2019
Obxecto: esta orde ten por obxecto a modificación da Orde o 4 de xullo de 2014, pola que se fixan os prezos privados dos estudos conducentes á obtención das titulacións do Centro Superior de Hostelería de Galicia, no que respecta ao réxime de actualización dos mesmos previsto na citada orde, de xeito que se adecúen á Lei 2/2015, do 30 de marzo, de desindexación da economía española.
Así mesmo, inclúense os prezos correspondentes as titulacións impartidas no Centro Superior de Hostelería de Galicia, cando o alumnado goce dunha bolsa.
Estado actual: aprobada e publicada no DOG