Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia
Órgano ou entidade tramitadora: Consellería de Política Social
Departamento: Consellería de Política Social
Inicio da tramitación: 27/06/2019
Data de aprobación do proxecto de lei polo Consello da Xunta para a súa remisión e tramitación no Parlamento: 17/09/2020
Data da publicación no DOG: 09/02/2021
Obxecto: esta lei ten por obxecto establecer os fundamentos para o impulso demográfico de Galicia, favorecendo un desenvolvemento social, económico e ambiental sostible e territorialmente equilibrado, de xeito que as persoas consideren Galicia como o lugar idóneo para vivir, para establecerse e, se así o desexan, ter fillas e fillos e desenvolver o proxecto familiar que libremente escollan. Establecerá os principios e liñas de actuación das Administracións públicas de Galicia no deseño e desenvolvemento das súas políticas e un conxunto de medidas que atinxen ás devanditas Administracións, á cidadanía e aos diferentes axentes que operan no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Ordenación e coordinación das políticas públicas autonómicas e o fomento da actuación conxunta das Administracións públicas e dos distintos interlocutores sociais e económicos de Galicia. O establecemento dos principios e das liñas de actuación das Administración públicas de Galicia e do conxunto de medidas que atinxen neste ámbito a estas, á cidadanía e aos diferentes axentes que operan no territorio da Comunidade.
Estado actual: aprobada e publicada no DOG
Suxestións recibidas: 25