Decreto 153/2019, do 21 de novembro, polo que se regula o réxime de conservación e explotación dos recursos marisqueiros e das algas

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería do Mar - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 03/05/2019

Data da publicación no DOG: 09/12/2019

Obxecto: o proxecto de decreto ten por obxecto a regulación do réxime de conservación e explotación dos recursos marisqueiros no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de garantir unha xestión sostible dos mesmos tendo en conta aspectos medioambientais, económicos, sociais e de emprego.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 7