Órgano ou entidade tramitadora:
Axencia de Turismo de Galicia
Departamento:
Consellería de Cultura e Turismo - Axencia de Turismo de Galicia
Inicio da tramitación: 04/02/2019
Data da publicación no DOG: 29/05/2020
Obxecto:
esta orde ten por obxecto regular a Ruta dos Xardíns da Camelia e crear o Comité Camelia Galicia como o seu organismo regulador, así como determinar a súa composición, organización e funcionamento.
A devandita ruta permite o coñecemento doutros recursos turísticos identitarios de Galicia como son o seu patrimonio arquitectónico/cultural e a súa oferta gastronómica e enogastronómica, constituíndo un dos poucos produtos turísticos capaces de desestacionalizar a demanda debido precisamente ao período de floración da camelia (de decembro a abril).
O éxito deste recurso turístico fai necesario dotar a Ruta dos Xardíns da Camelia dunha regulación normativa, non só a fin de darlle a debida protección xurídica, senón tamén para establecer unhas bases e condicións mínimas con vistas a incorporar á ruta novos xardíns, á parte dos xa existentes, dado os niveis de calidade que o público visitante esixe neste tipo de experiencia turística.
Estado actual:
Aprobada e publicada no DOG