Decreto 42/2020, do 30 de xaneiro, polo que se modifican determinadas disposicións vixentes en materia de augas

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería de Infraestruturas e Mobilidade - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 15/01/2019

Data da publicación no DOG: 03/03/2020

Obxecto:

modifícase o artigo 24 do Estatuto da entidade pública empresarial Augas de Galicia, aprobado polo Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, e suprímese o anexo do mesmo regulamento, onde se detallan na actualidade o ámbito espacial de cada unha das zonas hidrográficas en que se divide o territorio de Galicia, co obxecto de adaptar a normativa autonómica ao disposto na Orde TEC/921/2018, do 30 de agosto, pola que se definen as liñas que indican os límites cartográficos principais dos ámbitos territoriais das confederacións hidrográficas de acordo co establecido no Real Decreto 650/1987, do 8 de maio, polo que se definen os ámbitos territoriais dos organismos de conca e dos plans hidrolóxicos.

Modifícase o anexo II do Regulamento marco do Servizo Público de Saneamento e Depuración de Augas Residuais de Galicia, aprobado polo Decreto 141/2012, do 21 de xuño, para eliminar determinadas contradicións que se recollen entre o contido deste anexo II e o contido do anexo I da mesma norma.

Continúase nunha liña de mellora e simplificación na tramitación administrativa á que respondeu a Disposición adicional segunda do Decreto 1/2015, do 15 de xaneiro, que aproba o Regulamento da planificación en materia de augas de Galicia cando substituíu a autorización administrativa pola declaración responsable no suposto das actuacións menores de mantemento e conservación do dominio público hidráulico. Agora amplíase o devandito catálogo de actuacións menores suxeitas a declaración responsable coa incorporación doutro tipo de actuacións, principalmente as de mantemento e conservación de instalacións e infraestruturas xa existentes, que non alteren o seu volume, estrutura ou funcionalidade.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 1