Decreto 28/2021, do 21 de xaneiro, polo que se adoptan medidas sobre a subministración directa da caza maior silvestre abatida na Comunidade Autónoma de Galicia
Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Saúde Pública
Departamento: Consellería de Sanidade - Dirección Xeral de Saúde Pública
Inicio da tramitación: 18/02/2019
Data da publicación no DOG: 19/02/2021
Obxecto: o decreto ten por obxecto:
- Establecer os requisitos para a subministración directa por parte da persoa cazadora ao consumidor final e a establecementos de restauración de pequenas cantidades de carne fresca refrixerada de caza maior silvestre.
- Establecer os requisitos para as pezas de caza maior silvestre abatidas en Galicia, destinadas ás salas de tratamento de caza, para a comercialización das súas carnes.
- Establecer os requisitos que teñen que cumprir os locais intermedios de faenado das devanditas pezas de caza silvestre destinadas á subministración directa.
- Establecer os requisitos hixiénicos e sanitarios do acondicionamento e o transporte das pezas de caza maior silvestre destinadas a consumo humano para a subministración directa ou o envío á sala de tratamento de caza.
O presente decreto é aplicable ás pezas de caza maior abatidas na Comunidade Autónoma de Galicia.
Estado actual: aprobada e publicada no DOG
Suxestións recibidas: 7