Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia
Órgano ou entidade tramitadora: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Departamento: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Inicio da tramitación: 04/03/2019
Data de aprobación do proxecto de lei polo Consello da Xunta para a súa remisión e tramitación no Parlamento: 24/09/2020
Data da publicación no DOG: 25/02/2021
Obxecto: a tramitación dunha nova lei de residuos e solos contaminados pretende dotar a comunidade autónoma dun réxime xurídico completo e actualizado, de conformidade co marco normativo vixente, en materia de produción, xestión de residuos e solos contaminados.
Estado actual: aprobada e publicada no DOG
Suxestións recibidas: 21