Decreto 73/2020, do 24 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos, micolóxicos e de resinas en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia
Órgano ou entidade tramitadora: Consellería do Medio Rural
Departamento: Consellería do Medio Rural
Inicio da tramitación: 09/05/2018
Data da publicación no DOG: 20/05/2020
Obxecto: este decreto ten por obxecto a regulación e o desenvolvemento do réxime legal dos aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos, micolóxicos e de resinas en montes ou terreos forestais de natureza privada xestionados por persoas físicas ou xurídicas de dereito privado no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Os procedementos regulados neste decreto habilitaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal e figurarán na guía de procedementos e servizos regulada pola Orde do 12 de xaneiro de 2012 cos códigos que nel se indican.
Estado actual: aprobada e publicada no DOG
Suxestións recibidas: 3