Decreto 14/2019, do 31 de xaneiro, de desenvolvemento da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, no relativo á tramitación da renda de inclusión social de Galicia e das axudas de inclusión social
Órgano ou entidade tramitadora: Consellería de Política Social
Departamento: Consellería de Política Social
Inicio da tramitación: 21/12/2017
Data da publicación no DOG: 01/03/2019
Obxecto: o proxecto ten por obxecto o desenvolvemento regulamentario da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, e especificamente no relativo á regulación da tramitación da renda de inclusión social de Galicia, así como da tramitación das axudas de inclusión social, de conformidade co establecido na propia Lei e tendo en conta as modificacións na normativa reguladora do procedemento administrativo das administracións públicas, dividíndose en tres títulos precedidos do título preliminar que recollen as disposicións xerais. No título I regula a renda de inclusión social de Galicia, no título II as axudas de inclusión social, no título III os órganos de control e seguimento. Tras a parte final do proxecto, recóllense os anexos cos modelos normalizados de solicitude e documentación para a tramitación das prestacións.
Prazo de información pública aberto
Pechado o prazo inicial de envío de suxestións, e segundo o anuncio publicado no DOG o 3 de agosto de 2018, sométese a información pública este proxecto de decreto, por un prazo de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.
Prazo para a remisión de novas suxestións: quince días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación do Anuncio (remata o 28/08/2018)
O texto do proxecto de decreto pode consultarse na ligazón superior.
Forma de presentar suxestións no prazo de información pública: as persoas físicas e xurídicas interesadas e a cidadanía, en xeral, poden facer as proposicións, as suxestións ou as recomendacións que consideren oportunas a este proxecto de decreto mediante a presentación de escrito, en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dirixido á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social; Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781, Santiago de Compostela.
Importante: a información sobre o estado actual, prazo e suxestións recibidas que figura a continuación é referida ao primeiro proceso de participación aberto para este proxecto:
Estado actual: aprobada e publicada no DOG
Suxestións recibidas: 45