Orde do 26 de xaneiro de 2018 pola que se regula a Rede integrada de laboratorios de diagnóstico de triquina e o procedemento para solicitar o control sanitario da triquina nas matanzas domiciliarias de animais da especie porcina para o autoconsumo

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade

Departamento: Consellería de Sanidade - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 21/11/2017

Data da publicación no DOG: 08/02/2018

Obxecto: Establecer:

a) As condicións baixo as que se manterá a Rede Integrada de Laboratorios de Diagnóstico de Triquina da Comunidade Autónoma de Galicia, mediante a designación do laboratorio de control oficial para análise de triquina na Comunidade Autónoma de Galicia, así como as condicións que deberán cumprir as unidades de análises  dos matadoiros de Galicia que queiran ser integrados dentro da rede para participar no control oficial.
b) O procedemento polo que as persoas interesadas poderán solicitar a realización de análise para a detección de triquina en carnes procedentes de matanzas domiciliarias de animais da especie porcina para o seu autoconsumo. 

Estado actual: aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 1