Decreto 136/2018, do 4 de outubro, polo que se crea e se regula o Sistema de información dos diagnósticos de infección polo virus da inmunodeficiencia humana de Galicia (SIDIVIHG)

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade

Departamento: Consellería de Sanidade - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 24/08/2017

Data da publicación no DOG: 26/10/2018

Obxecto: o decreto ten por obxecto a creación e regulación do Sistema de Información dos Diagnósticos de Infección polo Virus da Inmunodeficiencia Humana de Galicia (en adiante SIDIVIHG), o cal ten como finalidade permitir coñecer a evolución temporal e xeográfica da infección polo VIH en Galicia e a súa distribución entre a poboación con diferentes prácticas de risco. Coa dita finalidade o SIDIVIHG recollerá, de xeito unitario, os diagnósticos de infección polo Virus da Inmunodeficiencia Humana en Galicia, de ser o caso, a súa evolución a sida e/ou falecemento e fusionará os datos existentes ata o momento no Rexistro Galego da Sida e o Sistema de Información Galego sobre a Infección polo Virus da Inmunodeficiencia Humana -SIGIVIH-, superando así, seguindo as recomendacións de distintos organismos internacionais, a anterior división artificial do seguimento dun mesmo proceso infeccioso.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG