Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local

Órgano ou entidade tramitadora: Academia Galega de Seguridade Pública

Departamento: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza - Academia Galega de Seguridade Pública

Inicio da tramitación: 12/07/2017

Data da publicación no DOG: 22/11/2017

Obxecto:

o obxecto do decreto é a regulación da cooperación da Administración xeral da Comunidade autónoma de Galicia cos concellos que así o soliciten na selección dos membros dos corpos de Policía local, vixiantes municipais e auxiliares de policía local, así como da organización dos correspondentes cursos selectivos de formación ou de capacitación e de formación de auxiliares de policía local.

A cooperación da Administración xeral da Comunidade autónoma de Galicia cos concellos mediante a asunción da convocatoria das prazas vacantes dos seus corpos de Policía local, incluídas, de ser o caso, as de auxiliares de policía local, ou dos postos de vixiantes municipais, de non existir no concello corpo de Policía local, requirirá a celebración do oportuno convenio e delegación da competencia. Por outra banda, a colaboración instrumentarase a través dunha encomenda de xestión por cada proceso selectivo, que se formalizará mediante o correspondente convenio. Asemade, entre outras cuestións, regula o sistema de listaxes para a selección de persoal auxiliar de policía local.
 

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG