Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos

Departamento: Consellería de Facenda - Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos

Inicio da tramitación: 14/10/2016

Data da publicación no DOG: 09/02/2017

Obxecto:

Conxunto de medidas referidas a diferentes áreas de actividade que, con vocación de permanencia no tempo, contribúen á consecución de determinados obxectivos de orientación plurianual perseguidos pola comunidade a través da execución orzamentaria.

Esta norma legal contén catro títulos: o primeiro dedicado ás medidas fiscais, o segundo ás medidas de carácter administrativo, o terceiro á ordenación do sistema de transporte público regular de viaxeiros e o cuarto ás medidas provisionais de ordenación urbanística.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG