Decreto 121/2017, do 5 de outubro, polo que se establece o currículo do ciclo de grao superior correspondente ao título de técnico deportivo superior en Hípica

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Departamento: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria - Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Inicio da tramitación: 17/06/2016

Data da publicación no DOG: 11/12/2017

Obxecto:

establecer o currículo do ciclo de grao superior correspondente ao título de técnico deportivo superior en Hípica, que será de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando a súa identificación e organización; o perfil profesional; o ámbito profesional, persoal e laboral; a estrutura das ensinanzas do ciclo; o acceso ao ciclo; os requisitos do profesorado e a súa vinculación a outros estudos.

Posibilitar a capacitación dos/das futuros/as técnicos/as deportivos/as superiores en hípica para o desenvolvemento das súas funcións, a través da adquisición e perfeccionamento das competencias profesionais propias da modalidade e conseguir unha formación completa, cun equilibrio entre o carácter teórico e práctico, de maneira que o proceso de formación se vincule á realidade social no ámbito deportivo da hípica.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG