Orde do 22 de setembro de 2016 pola que se crea e se regula a sede xudicial electrónica de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia - Amtega

Departamento: A Presidencia da Xunta - Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Inicio da tramitación: 06/05/2016

Data da publicación no DOG: 23/09/2016

Obxecto: A  Orde ten por obxecto a creación e regulación da Sede Xudicial Electrónica de Galicia, co fin de dar cumprimento ao establecido na Lei 18/2011, do 5 de xullo, reguladora do uso das tecnoloxías da información e a comunicación na Administración de Xustiza.

A través da Sede Xudicial Electrónica de Galicia realizaranse todas as actuacións, procedementos e servizos que requiran a autenticación da Administración de Xustiza ou dos cidadáns e profesionais por medios electrónicos, así como aquelas outras actuacións respecto as que se decida a súa inclusión na Sede Xudicial Electrónica de Galicia.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG