Orde do 20 de xullo de 2016 pola que se crea a tarxeta acreditativa do grao de discapacidade e se regula o procedemento para a súa obtención
Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social
Departamento: Consellería de Política Social - Secretaría Xeral Técnica
Inicio da tramitación: 11/04/2016
Data da publicación no DOG: 04/08/2016
Obxecto: A creación da tarxeta para facilitar a acreditación do grao de discapacidade das persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao trinta e tres por cento, cuxo expediente obre na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o Real decreto 1971/1999, do 23 de decembro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade e a Orde da Consellería de Política Social do 25 de novembro de 2015, pola que se regula o procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.
Así mesmo, ten por obxecto a regulación do procedemento para a súa obtención.
Estado actual: aprobada e publicada no DOG
Suxestións recibidas: 1