Decreto 51/2018, do 22 de marzo, polo que se regula a formación do persoal que realiza actividades de mantemento hixiénico-sanitario de instalacións susceptibles de propagar a lexionelose, do persoal que realiza prácticas de tatuaxe, micropigmentación e piercing, así como calquera outra práctica de decoración corporal que implique a perforación da pel, mucosas ou tecidos, e do persoal operador de aparellos de bronceado artificial mediante radiacións ultravioleta
Órgano ou entidade tramitadora: Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Administrativo
Departamento: Consellería de Sanidade - Secretaría Xeral Técnica
Inicio da tramitación: 05/05/2016
Data da publicación no DOG: 28/05/2018
Obxecto: a) Establecer o réxime de declaración responsable para as entidades de formación.
b) Establecer as condicións mínimas e o contido da formación do persoal que realice as funcións descritas no seu ámbito de aplicación.
c) Determinar os requisitos, responsabilidades e obrigas das entidades de formación que desenvolvan a súa actividade na comunidade autónoma de Galicia.
d) Crear o Rexistro de Entidades de Formación Hixiénico-sanitaria.
Estado actual: aprobada e publicada no DOG