Decreto 80/2016, do 23 de xuño, polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional no ensino universitario para o curso 2016/17

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral de Universidades

Departamento: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria - Secretaría Xeral de Universidades

Inicio da tramitación: 28/04/2016

Data da publicación no DOG: 12/07/2016

Obxecto:

O presente decreto fixa os importes que deberá aboar o alumnado polos estudos conducentes á obtención de títulos de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional no ensino universitario, correspondentes ao curso 2016-2017, tendo en conta o custo estimado dos servizos académicos, e a distinción entre ensinanzas renovadas e de grao, así como a diferenza entre o prezo da 1ª matrícula fronte ao prezo da 2ª, 3ª e sucesivas matrículas.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG