Orde do 1 de abril de 2016 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
Departamento: Consellería de Política Social - Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
Inicio da tramitación: 23/11/2015
Data da publicación no DOG: 08/04/2016
Obxecto: 1. Fixar os prezos esixibles pola prestación de servizos e actividades en campamentos, albergues, residencias e demais instalacións de xuventude, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social, recollidos no anexo I da orde.
2. Fixar os prezos relativos á expedición do Carné xove, carnés de alberguista nas súas diferentes modalidades e carnés TIVE, recollidos no anexo II da orde.
Estado actual: aprobada e publicada no DOG